INICIO
Aléceia é o concepto filosófico que se refire á sinceridade dos feitos e a realidade. Literalmente a palabra significa "aquelo que non está oculto", "aquelo que é evidente", o que é verdadeiro. Tamén fai referencia ao "desocultamento do ser"
Aléceia é teoría da verdade como percepción, a percepción platónica é una percepción non ética, nin concreta.
Aléceia é o último paso da Mayéutica, a conclusión á que se chega con respecto a unha cuestión discutida.
E como dicía Antonio Machado, "A verdade é o que é, e sigue sendo verdade ainda que se pense ao revés". A verdade, simple e sin artificios...
"A beleza é verdade; e a verdade, beleza. Isto es todo o que sabes sobre a terra, é todo o que compre saber". John Keats

O Grupo de Canto "Aleceia", de Os Tilos, ten unha veintena de voces femininas conducidas por Juanjo Raíces , o seu director dende a fundación do grupo, alá polo ano 93.
Aleceia naceu cando a urbanización de O Tilos despegaba e se asentaban nela colectivos sociais dinámicos, comprometidos e cheos de vitalidade como a ducia de mulleres que decidiron por en marcha un obradoiro de canto no seo da "Asociación Recreativa Club Os Tilos", onde dedicou os primeros anos a perfeccionar a técnica vocal.
Neste momento está integrado aproximadamente por 20 voces repartidas en tres cordas: sopranos, mezzos e contraltos; o repertorio que interpretamos está condicionado por ese feito, aínda que é moi variado e abrangue pezas de distintas épocas e estilos, dende cantigas medievais pasando pola música sacra e a lírica galega, ata pezas máis actuais e contemporáneas.
Entre as súas actuacións públicas destacan as participacións en mostras corais coma "Galicia Cantat", Festivais de vilancicos "Caixa Nova", Encontro de corais de Santiago de Compostela, "Canta Teo" ... Ademáis de actuacións en diversas cidades e vilas, tanto dentro da propia Galicia como de fora: Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol,... Lisboa, Córdoba,...

POST DATA (Máis cousas sobre o termo "Aleceia")
Hai un termo grego, lethe (ou leteo, letheia) que significa olvido. É un dos cinco ríos do Hades que fluen dende a cova de Hypnos, que provoca olvido completo ao beber das súas augas. Algunhas lendas gregas falan de que se facía beber de este río ás almas antes de reencarnalas, de xeito que non recordaran as súas vidas pasadas.
Lete é también unha deidade feminina en algunhas lendas gregas que forma parella coa súa oposta Mnemósine, a deusa da memoria e nai das musas. Posteriormente dicíase en círculos mistéricos que tras a morte daríase a elixir o río no que beber e que debían beber do Mnemósine e non do Lete.
Entre os autores antigos se dicíase que o pequeno río Limia cerca de Xinzo de Limia (Ourense) tiña as mesmas propiedades de borrar a memoria que o lexendario Lete...

Erasmo de Rótterdam, menciona o río Leteo na súa obra “Eloxio da Loucura” (Cap. XIII), faciendo coincidir o “chocheo” da vellez co “esquecemento” da cordura:
“Pois como os deuses de que nos falan os poetas, solen salvar nos perigos aos seus protexidos mediante algunha metamorfose, así eu [a loucura, a estulticia], cando os vexo próximos ao sepulcro e en canto me é posible, os torno á infancia; razón pola cal a xente sole chamar á vellez segunda infancia.
Se alguén desexa saber cómo fago este rexuvenecmento, non vou a ocultalo. Para facelo, condúzoos ás marxes do Leteo, río que nace nas illas Afortunadas (pois polo Inferno non corre máis que un pequeno regato), para que alí, bebendo a grandes sorbos a auga do Esquecemento, vaian pouco a pouco aminorando os seus coidados e volvan á xuventude. Se se me obxetará que esto non é outra cousa que facelos divagar e chochear. O concedo”.
Volvendo ao mundo grego, Lete é filla de Éride, a discordia, a ovella negra da familia, da estirpe da noite, (Nix en grego). Pero é, ante todo, o río do inferno que otorga o esquecemento ás almas dos mortos. O esquecemento mergúllase por completo no elemento líquido (auga), onde se disolven os duros contornos do recordo da realidade, e que son deste xeito liquidados. O contrario, a-letheia, non é “recordo” para os gregos, senón VERDADE, porque consideran que o esquecemento é o veo que tapa a verdade (verdade coma "o non agachado", o non oculto, o non latente). A memoria, o contrario do esquecemento, é polo tanto, a Verdade

Sobre esta acepción, de Aletheia, Manuel Rivas escribió fai relativamente pouco (El País, 28 de maio de 2011) un artígo titulado “Prazas de Verdade” en relación ás acampadas dos Indignados no que viña a dicir que a Verdade é un espazo aberto, sen ocultación, onde o máis importante son as preguntas, a crítica, a cuestión constante aos dogmas inmutables. E que por eso as plazas de acampados constituían “prados de verdade”, lugares de Aletheia, onde se loitaba contra a ocultación e o esquecemento.
E iso é que desaloxanron a paus entón e a golpe de decretazos agora.

Gravados de GUSTAVE DORÉ